F.A.Q.’s

Oh que ben, FAQ´s…

A web deume erro ao facer a compra, poderías dicirme que pasou co meu pedido?
Se recibes unha mensaxe de erro, pode haber un problema coa información do teu cartón de crédito ou coa dirección de facturación ou envío. Revisa toda a información con coidado para ver que non haxa ningún erro. Feixe clic no botón “Facer pedido” só unha vez para evitar múltiples autorizacións.  Se continúas recibindo mensaxes de erro, comunícache con Atención ao Cliente.

– Como uso o meu cupón de desconto?
Debaixo da sección Pago durante a finalización da compra, fai clic no botón “Usar cupón de desconto”. Escribe o código e… xa tes o desconto feito. O desconto do cupón aplicarase no pedido total.

– Quero cambiar algo do meu pedido. Podo facelo?
Non admitimos cambios nin cancelacións unha vez efectuado o pedido. Se unha vez recibido, quixeses cambialo ou devolvelo, podes poñerche en contacto connosco para iniciar o trámite.

– Oppssss….. algo está esgotado! Que podo facer?
As colleitas dan para o que dan así que, ás veces, e só ás veces, temos produtos esgotados. Non dubides de todos os xeitos en avisarnos para tentar buscar outro xardín no que conseguir “os vosos desexos”. Para iso escríbenos

– Podedes facerme un pack agasallo a medida?
Na nosa páxina web atoparás todos os produtos que temos dispoñibles. Se nalgún momento necesitases algunha combinación especial, non podemos asegurarche nada pero imos tentar darche a mellor resposta, Cóntanos aquí cales son as túas necesidades e deseguido che respondemos.

– Facedes envíos fóra de Europa?
Desafortunadamente non facemos envíos fóra de Europa. Os gastos de transporte dispáransenos e non é rendible. Pero estamos a traballar para poñer unha solución e se estás moi interesado coméntenolo e estudamos a opción.

– Onde está a confirmación do meu pedido?
En canto recibimos a orde do teu pedido, enviámosche unha confi rmación ao correo electrónico que nos deches e outro cando cho enviamos. Unha vez enviado, iremos informando do estado do envío ata que o recibas.  Ollo! Ás veces os mails cóanse no cartafol de correo non desexado, así que bota unha ollada se non viches o mail e engádenos á túa lista de remitentes seguros.  Tamén podes verificar o estado do pedido iniciando sesión na túa conta en o noso sitio web.

– Podo cambiar ou devolver o que comprei?
Consulta a nosa política de cambios e devolucións.

– Canto tempo tárdase en procesar unha devolución?
Unha vez que recibimos o teu paquete, o teu reembolso procesarase dentro dos seguintes 7 días hábiles. Se che notificará por correo electrónico á dirección rexistrada na túa conta cando se realizou esta transacción.

– Podo visitarvos e ver os produtos?
Of course!!!! Estaremos encantados. Atópasnos aquí.