Té Darjeeling, a champaña dos tés

Té Darjeeling, a champaña dos tés

Cando os ingleses decidiron que querían dominar o mundo, unha das cousas que fixeron foi empezar a cultivar e producir té nas súas colonias (p. ex. A India). Os chineses xa producían té negro, pero os británicos levan o mérito de empezar a cultivalo en rexións onde o clima outorgaba ás follas unha fragrancia especial. Este é o caso do popular té de Darjeeling.

Pero antes… música, Mestre!

Unha esquina do mundo – a clave de todo

Darjeeling (de Dorje Ling, é dicir, o lugar do raio) sitúase en Bengala Occidental, no nordés de India. Esta rexión era, antes do té, un paso de montaña -nada sorprendente, tendo en conta que está xusto na fronteira entre Nepal, o Tíbet e Bután. Parece ser que os ingleses, aproximadamente a mediados do s. XIX, tallaron unha gran cantidade de bosque e dedicaron o terreo a plantacións. Construíron edificios que albergasen vivendas para os traballadores e demais.

Nepal

Esta rexión é particular, en primeiro lugar, pola súa altura. Sitúase a 3.500-6.000 pés, ou sexa, 920-1.800 metros. A tensión da altitude fai que as follas da Camellia Sinensis crezan máis lentamente e desenvolvan un sabor máis intenso. En segundo lugar, Darjeeling ten unhas brumas cambiantes e uns veráns suaves que a fan única. Coñecedes a historia de Ernst Hoffman? Este alemán é moi coñecido por contribuír a popularizar o budismo nos EEUU nos anos oitenta. Pois ben, el empezou a súa viaxe para converterse no lama Anagorika Gorinda nun templo moi preto de Darjeeling. Anos máis tarde, contou como unha nube branca envolvía case todos os días as montañas e obrigáballes a acender as luces ao mediodía.

Darjeeling

O resultado: un té de luxo

O caprichoso clima de Darjeeling dá lugar a diferentes tipos de té:

  • En marzo, despois da pausa invernal, xorden as primeiras follas. Estes delicados tés son traídos en avión e témolos na tenda aproximadamente a principios de abril. As follas enviadas por barco chegan unhas semanas máis tarde. É a famosa primeira colleita ou first flush; agora entendedes por que é tan importante poñerse á cola. Unha vez que se termina, non hai máis ata o ano que vén, e dúas colleitas nunca saberán igual.
  • Despois de descansar unas cantas semanas, a principios de maio o clima sécase e podemos gozar entón da segunda colleita ou second flush. Neste caso, a luz solar produce unha folla máis grande e dura, cun sabor máis profundo, con corpo. Os tés de mellor calidade teñen un matiz moscatel moi difícil de atopar hoxe en día.
  • Despois do monzón do verán, recóllense as últimas follas antes do inverno. Este é un té máis delicado. Nós traemos o noso do renombrado xardín Margaret’ s Hope, do que se obtén un té de cor máis escura, tirando a marrón, máis en consonancia co outono.

té negro darjeeling

Agora xa sabedes por que (e poderedes entender) por que o té Darjeeling é considerado a champaña dos tés. O seu especial aroma suxeito aos caprichos do clima e a súa cantidade limitada converten esta folla nun luxo que poucos se poden permitir. Por sorte, en Oolong&Green sempre teremos un Darjeeling de temporada.

No hay comentarios

Publica un comentario